O equipo de desenvolvemento de MiniNo e o seu sabor para cativos PicarOs, achégannos información sobre as últimas novidades do seu traballo. A publicación da versión alfa de MiniNo 3.0, unha versión de PicarOs para tabletas entre outras.

Imaxe de PicarOs correndo nunha tableta

Lembramos que GALPon MiniNo é unha distribución GNU/Linux, baseada en Debian, que ten por obxectivo dar solución a computadores moi antigos e con moi poucos recursos. A partir desta distribución, os seus desenvolvedores elaboraron unha adaptación da mesma orientada ao seu uso principalmente por nenos á que deron en chamar PicarOs.

O pasado mes de outubro vía a luz a versión PicarOs 2015, mais os desenvolvedores, no seu constante esforzo por achegar esta distribución aos usuarios e facilitar o seu uso, non deixan de traballar e infórmannos de varias novidades.
A primeira delas é a publicarción de novos videotitoriais de uso de PicarOs con ideas para o seu uso nunha aula de educación primaria. Xa son 20 os titoriais dispoñibles como por exemplo “Ideas para usar LibreOffice en el aula con PícarOS” no que presentan algunas ideas para usar LibreOffice na aulas, e concretamente, o LibreOffice de PícarOS, que ten unha serie de preconfiguracións e complementos útiles para o día a día, como a ferramenta de separación por sílabas ou a de creación automática dunha presentación de álbum fotográfico. Outros exemplos son: “Comics en PicarOS”, “Recompilador de imaxes en PicarOs” ou “Todo sobre os pdf”, etc.

Estes videotitoriais están dispoñibles ademais de na web de Picaros no web de PicarOs tamén na canle de Youtube á que é posible subscribirse e recibir notificacións das novas publicacións.

A segunda novidades é a creación dunha imaxe de probas de PicarOs Diego 2015 para tabletas x86. Esta imaxe está probada nunha tablet Acer ACER P3 cun i3, e animan a todos os interesados a probala e deixar os seus comentarios nos foros, e se a proban noutras tablets que acheguen tamén a información das probas.

No que respecta a MiniNo hai tamén un par de novidades interesantes, por unha banda, a personalización para ensino secundario da MiniNo Ártabros, feita por Santiago Camblor, profesor de tecnoloxía do IES Pedro de Tolosa de San Martín de Valdeiglesias (Madrid). Esta personalización conta cunha serie de aplicativos utilizados en secundaria, e tamén con usuario para o alumno de tipo usuario conxelado, de xeito que cando se pecha a sesión bórranse todos os cambios feitos.

Finalmente, pero non por iso menos interesante, xa temos a primeira versión alfa da nova MiniNo 3.0 (base jessie) para a que conta con ter a primeira versión beta para principios de ano, tralas festas. Os interesados en probar esta nova versión e colaborar reportando erros poden descargala no portal de MiniNo

Pin It on Pinterest

Share This