Nova versión do proxecto LLVM 9.0, kit de ferramentas compatible con GCC.

Deseñado para optimizar os tempos de compilación, enlazado e execución nunha gran variedade de linguaxes: Objective-C, Fortran, Ada, Haskell, bytecode de Java, Python, Ruby, ActionScript, GLSL, Clang, Rust, Gambas e outros.

Novidades de LLVM 9.0: soporte mellorado para as plataformas MIPS, RISC-V e PowerPC, soporte de C++ para OpenCL, capacidade de dividir o programa en partes cargadas dinámicamente en LLD e a implementación da construción ”asm goto ” utilizada no código do kernel de Linux, Libc++ chega con soporte para WASI (WebAssembly System Interface), e LLD introduciu soporte inicial para a ligazón dinámica de WebAssembly, melloras nos backends para as arquitecturas X86, AArch64, ARM, SystemZ, MIPS, AMDGPU e PowerPC.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This