FFmpeg (colección de ferramentas de software libre para traballar con son e vídeo, que permite converter entre diferentes formatos multimedia e moito máis) publicou a súa versión 4.2 “Ada”.

Novidades importantes: soporte para AV/AV1, soporte para ARIB STD-B24, soporte para HEVC, ademais de correccións e melloras no seu código fonte.

Outras novidades serían o soporte para o compilador Clang e para kernels CUDA, analizador de GIF, codificador PCM-DVD, decodificador hymt, hcom e ARBC.

Ademais incorpora unha chea de novos filtros multimedia.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This