Nova versión do DVD da PEME

Nova versión do DVD da PEME

Índice do DVD da PEME Vimos de publicar unha nova versión do DVD da PEME. Esta nova versión inclúe moitos máis programas localizados ao galego segundo a normativa oficial do 2003, corrixíronse erros detectados na versión anterior e actualizáronse as versións das distintas aplicacións.

Solicitamos a colaboración de todos vós para a revisión e mellora do produto. Agardamos as vosas suxestións, achegas, erros… a través do noso enderezo electrónico.

En breve faremos unha tirada grande deste DVD para poñer á vosa disposición. Polo momento podedes consultar o contido do DVD na dirección peme.mancomun.org .

Queremos agradecer especialmente o traballo voluntario e desinteresado levado a cabo por empresas, asociacións e persoas voluntarias galegas na tradución das distintas aplicacións. Grazas a todas estas persoas por adicar parte do seu tempo de ocio a colaborar ao espallamento do Software Libre e ao achegamento do galego ás TIC.

Agradecer tamén os servizos profesionais prestados polas empresas que revisaron e corrixiron estas traducións voluntarias e que realizaron a tradución das demais aplicacións por encargo de mancomun.org: imaxin|software, Tagen Ata, Reverso SL, Igalia, AICA SL, Queres Tecnologias, Sinnexus informática estratéxica e Isonor .

A continuación detallamos as aplicacións incluídas no DVD, que, na medida do posible, inclúen versión para todas as plataformas. Mencionar tamén que para a mairoría delas xa está dispoñible a tradución ao galego nas páxinas oficiais e as que non o estarán en breve.

Oficina:

  • OpenOffice.org (Programas de ofimática)
  • Mozilla Thunderbird (Xestor de correo)
  • Mozilla Firefox (Navegador web)
  • Pidgin (Mensaxería instantánea)
  • Mozilla Sunbird (Axenda)
  • Gimp (Retoque fotográfico)

Xestión empresarial:

  • OpenBravo (Planificación de recursos empresariais)
  • Tiny ERP (ERP/Contabilidade)
  • Hipergate (Traballo en grupo e xestión de clientes)
  • Libre POS (Terminal Punto de Venda)
  • Alfresco (Xestor documental)
  • Pentaho (Business Intelligence)
  • Eticket (Xestor de incidencias)
  • Openproj (Xestor de proxectos)
  • Oscommerce (Comercio electrónico)
  • SugarCRM (CRM)
  • OpenXpertya (ERP)

Aplicacións colaborativas:

  • Cyclos (Bancos de tempo)
  • WordPress (Blogue)
  • eGroupware (Traballo colaborativo)
  • B2Evolution (Multiblogue)
  • MoinMoin (Wiki)
  • Typo3 (Xestor de contidos)
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal