O software de virtualización VirtualBox acaba de anunciar a súa versión 6.1.12. Trátase dunha versión de mantemento, tamén coñecidas como versión menor, a cal conta con corrección de erros e incorpora tamén unha serie de melloras como poden ser as relacionadas cos drivers SCSI, o porto serie e outras que afectan ás extensións do sistema convidado, do inglés “guest additions” que corrixen erros e melloran o comportamento.

Para máis información sobre a nova versión pode visitarse esta ligazón, onde se atopan as notas das versións.

Pin It on Pinterest

Share This