Scribus, aplicación de software libre para maquetación de documentos, multiplataforma e dispoñible en máis de 20 idiomas acaba de publicar a súa última versión estable 1.5.7 con diversas correccións e melloras de funcionamento.
Novidades destacadas:
– Melloras para desfacer e refacer elementos agrupado
– Soporte para versións posteriores de dependencias como poppler e podofo
– Engádese a opción de importar texto como texto editable desde arquivos PDF
– Unificación e estandarización da interface de usuario en canto a marxes, tamaño de botóns e widgets
– Os marcos de renderización agora están preconfigurados para o uso de XeLaTeX
– Correccións nos códigos de barras, filtros, incorporación de novas secuencias ao motor de comandos
– Correccións de problemas de estabilidade e seguridade, entre outros