PicarOS é unha distribución multipropósito, enfocada principalmente á educación e como distro lúdica para usar na casa, a idade recomendada é de 3 a 12 anos.

Esta nova versión presenta a actualización de moitos dos paquetes xa preexistentes na anterior entrega como son o caso dos navegadores Firefox e Chrome, as utilidades Openshot, Kataluga, Katalekto, Kiwix, Scratch2 e moitas outras máis.

Ademais das actualizacións, incorpora novos programas e funcionalidades como son Kdenlive para edición avanzada de vídeo, Huaryra Compartir para a distribución de arquivos en redes locais, controladores para as tabletas Wacom, un completo conxunto de ferramentas para edición de imaxines, ferramentas de xestión de arquivos do sistema e un kernel actualizado á versión 4.6.1

Tamén esta nova versión trae arranxos e axustes en varios programas da anterior edición como son o copiado ao portapapeis dende unha captura de pantalla, axustes no convertedor de imaxes, engádense canles españois en Freetux, soluciónase a incompatibilidade entre Openshot e Kdenlive, arranxos no descargador de Youtube e mais en Filetea, axustes en Opensankoré para que admita unha webcam de visor de documentos e configuración para non ter problemas coas importacións/exportacións e moitos máis.

A listaxe completa de actualizacións e novas funcionalidades podédela atopar na propia nota dende a publicación feita dende GALPon.

Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This