Open Broadcaster Software Studio, tamén coñecido como OBS, é unha aplicación libre multiplataforma centrada na gravación e retransmisión de vídeo (streaming).

Permite a captura de diferentes fontes de vídeo e son en tempo real, así como compoñer diferentes tipos de escenas con estas fontes para a súa gravación ou retransmisión. Ademais dun mesturador de son e diferentes filtros para a súa mellora.
Nesta nova versión destacan as melloras na aceleración de vídeo por hardware para certos tipos de GPU, novos filtros de son, soporte para VLC e un novo panel de información, entre outras.

Pin It on Pinterest

Share This