O equipo de KDE vén de anunciar a mediados deste mes unha nova versión do seu compendio de aplicacións, dentro das que está Kdenlive, que estrea unha versión maior, a 17.12.

Kdenlive é un editor de vídeo non lineal que soporta unha grande parte de formatos de vídeo e imaxes. Este software está dentro das chamadas aplicacións KDE, que son desenvolvidas pola comunidade de KDE que tamén desenvolve o entorno de escritorio Plasma e teñen como base as bibliotecas QT.

Unha das melloras máis importante desta versión é que agora ocupa menos memoria RAM cando se xestionan os proxectos de vídeo e a solución dun erro na reprodución de vídeo. Nas notas da versión, podedes ver todas as novidades deste editor.

Pin It on Pinterest

Share This