Na pasada noiteboa o equipo de desenvolvemento de darktable anunciou unha nova versión desta ferramenta de procesamento de fotografía dixital, a versión 2.4. Este programa é o software libre por excelencia para realizar os axustes de fotografía dixital en formato RAW sen perda de información e a súa posterior exportación a outros formatos de fotografía dixital.
Entre as novidades desta versión de darktable, entre outras múltiples, está a de que por primeira vez hai dispoñible un descargable oficial para Windows.

Podedes descargar esta nova versión dende a páxina de descargas do proxecto.

 

Pin It on Pinterest

Share This