Nova versión 2.2 do MAGASIX CD de Manuel G. Regal

Mércores, 12 Marzo 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/magasicd.pngXa está dispoñible para descarga a nova versión 2.2 do MAGASIX Linux CD, así o anuncia o seu creador Manuel G. Regal na rolda de correo “softlibre-edugal”.

MAGASIX é unha distribución baseada na última versión de Ubuntu, en concreto esta última versión inclúe Ubuntu 7.10 Gutsy coas últimas actualizacións existentes. Entre as súas características destacan:

  • O usuario pode traballar en modo live-cd ou cun sinxelo asistente se pode instalar no disco duro dun equipo.
  • O usuario pode traballar en galego, castelán, euskera, catalán, portugués, inglés, francés, alemán e agora tamén en italiano.
  • Moitas máis ligazóns no navegador de Internet Mozilla Firefox: 244 ligazóns organizadas en categorías: Software Libre, educación, cultura e lingua galega, etc…
  • Motores de procura incorporados no navegador de Internet: dicionario da Real Academia Galega, Galipedia, dicionario da Real Academia Española, Wikipedia en Español, Google, Bugalicia, Wikipedia en inglés, portugués, italiano, catalán, etc.
  • Máis aplicacións preinstaladas que na versión 2.1

 

Podes atopar máis información sobre as distintas aplicacións que contén, titoriais, programas para Windows en Software Libre, etc…, nas seguintes ligazóns:

Anuncio en Softlibre-Edugal (7 de marzo)
Anuncio en Softlibre-Edugal
(11 de marzo)
Web do MAGASIX CD

Manuel Gónzalez Regal é profesor do ciclo de Administración de Sistemas Informáticos no IES Xulián Magariños de Negreira. Podes ler a entrevista completa realizada por Mancomún nas instalacións do IES na seguinte ligazón:
Entrevista con Manuel González Regal.

 

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal