Continuamos a publicación dos artigos tecnolóxicos adicados á solución Zabbix. Lembremos que se trata dunha ferramenta de software libre para monitorización de redes. Permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede. Está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL. Entre as súas características destacan:

  • Verificar a dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo.
  • Permite obter estadísticas como carga dunha CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…
  • Permite monitorizar servizos a través de protocolos como SNMP, TCP, ICMP ou SSH e telnet.

Esta nova publicación segue a liña marcada por anteriores entregas para a difusión desta mesma solución.

Zabbix (2/4) : Arquitectura

Como xa é coñecido, Zabbix foi incluido recentemente entre as solucións dispoñibles para proba e avaliación dende o Centro Demotrador TIC Virtual, acción que foi complementada á súa vez co seminario “Introdución á monitorización de sistemas co software libre Zabbix e aplicabilidade a outros campos como a industria” impartido pola empresa Muutech da que se pode recuperar a gravación da sesión para todos aqueles que non pudiesen asistir á mesma.

Artigos anteriores da serie

Novo artigo tecnolóxico adicado a Zabbix, unha solución para monitorizar os teus servizos con software libre

Zabbix (1/4) : Orientación ITIL da supervisión de servizos

Pin It on Pinterest

Share This