RISC-V chega ao PC da man da empresa SiFive e a súa placa HiFive Unmatched. Desta forma os desenvolvedores van poder ter unha plataforma potente e nativa coa que experimentar. Pode funcionar usando compoñentes estándar dun PC e unha distribución GNU/Linux.

Xa se pode facer a pre compra na web de SiFive e o seu prezo será duns 665€. A SiFive HiFive Unmatched é unha placa base de formato miniIXT, compatible con calquera fonte de alimentación e torre para este tipo de estándar. Pódese agregar unha tarxeta gráfica PCIe, discos duros SSD M.2 e tarxeta de rede.

Algunhas das súas características son:
SoC: SiFive Freedom U740 baseado en RISC-V
QuadCore SiFive U74-MC de 64-bit
Núcleo SiFive S7 (Real-Time) de 64-bit
Memoria RAM: 8 GB DDR4 integrada na placa base (soldada)
Almacenamento: 32 MB SPI Flash para arranque rápido

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This