Nova edición do Concurso Universitario de Software Libre

Martes, 7 Xuño 2022

Desde o 1 de xuño de 2022 ao 31 de agosto permanecerá aberto o prazo de inscrición para a décimo sexta edición do Concurso Universitario de Software Libre (CUSL), correspondente co curso académico 2021/2022.

O obxectivo principal do Concurso Universitario de Software Libre é fomentar a creación e contribuír á consolidación da comunidade do Software Libre na Universidade.

logo del concurso

O Concurso Universitario de Software Libre é un concurso de desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre no que poden participar estudantes universitarios (de grao, máster e doutoramento), estudantes de ciclos de grao medio e superior, así como estudantes de bacharelato; todos eles incluídos no sistema educativo estatal español.

Os participantes dispoñerán dun blogue onde contarán a súa experiencia no desenvolvemento durante o curso académico, ademais de empregar un repositorio, como GitHub, GitLab ou LaunchPad para aloxar o código fonte.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal