Logo da OSHWDemLogo do éxito da primeira edición da OSHWDEM 2012, Bricolabs e a asociación Ghandalf volven organizar unha nova edición deste evento que persegue converterse no punto de encontro anual no que compartir experiencias acerca das tecnoloxías relacionadas co Open Source Hardware (OSHW).

Dado que o ano pasado, o éxito de acollida de público foi inesperadamente bo, este ano a organización decidiu prolongar a xornada a dous días e traballou para poder acoller ao dobre de asistentes. Así, todos os interesados no Open Source Hardware teñen unha cita no Centro Cultural Ágora de A Coruña o sábado 30 de novembro e o domingo 1 de decembro, na OSHDem 2013.
Nuve de palabras da Open Source Hardware DemEsta xornada será de especial interese para todos os interesados en Open Source Hardware, en Arduino, nas impresoras 3D, en GNU/Linux embebido, en montaxe de circuítos electrónicos, nos robots ou na electrónica en xeral. Haberá charlas, obradoiros, espazos de exposición, proxectos persoais, demostracións, concursos e agasallos. Todo de forma libre e gratuíta, pensado para todas as idades, tanto para expertos como para aqueles que queiran coñecer o movemento “faino ti mesmo”.

A entrada para a OSHWDEM é de balde, aínda que polo aforo e para participar nos concursos é preciso inscribirse previamente no o formulario de inscrición da páxina do evento. Os interesados en participar nesta xornada cun espazo de exposición, tedes aberto o “Call4Makers!

As empresas, administracións, universidades ou mesmo profesionais independentes, interesados no Open Source Hardware poden atopar na OSHWDEM proxectos do seu interese, ou incluso contar cun espazo para amosar no que están a traballar.

Para estar ao tanto de todas as novidades dende a organización recomendan seguir a súa conta de twitter @OSHWDem .

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Ghandlalf desenvolve ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This