Nova edición da Amigus Labs, durante toda a Semana Santa na biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de As Pontes.

As xornadas de traballo serán do 13 ao 21 de abril de 10:00 a 14:00, aberto para que calquera poida participar nos proxectos como o barco autónomo solar e o vehículo solar para a regata que se celebrará en Baiona en xuño, na fabricación dun escáner 3d, así como na optimización das impresoras 3d de gran formato ou en novos proxectos.

Amigus Labs • Workshops´19

No Amigus Labs potenciarase o uso de software e hardware libre, dende placas Arduino e Raspberry Pi, ata software de programación, deseño, modelado e animación 3d.

Un workshop é un obradoiro, o que quere dicir que os asistentes a el teñen que involucrarse en todo o que alí sucede. Están pensados para adquirir novos coñecementos ou habilidades ou intercambio de impresións á vez que se favorece o traballo en equipo.

A idade mínima para participar nos workshops é de 8 anos en adiante.

Cartel AmigusLabs Workshop abril

Recoméndase levar:

  • Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables.
  • Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi.
  • Regreta de enchufes.
  • Cascos para a música, (os altofalantes están prohibidos).
  • D.N.I.
  • Cargador de teléfono móbil.

Tamén se recomenda:

  • Facer unha copia de seguridade dos datos importantes.
  • Instalar un antivirus.

A inscrición é gratuíta, e o prazo remata o 12 de abril.

Para apuntarse, debedes enviar un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas).
Os menores deben traer a autorización dos pais/titor para asistir a Amigus Labs (PDF).

Organizan: Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran: Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • Conservatorio Profesional de Música

Máis información na web: http://www.amiguslabs.org/amigus-labs-workshops19/

Pin It on Pinterest

Share This