A nova versión 7.80 de Nmap xa saíu á luz. Nmap é unha ferramenta libre e multiplataforma moi empregada na auditoría informática, pois é un escáner de rede que serve para entre outras cousas identificar os servizos de rede que están activos.
A versión 7.80 ten como novidades destacadas a mellora da biblioteca Npcap para funcionar en equipos Windows, a mellora e incorporación de 11 novos scripts para o motor de scripts NSE e moitas máis que se poden ver aquí.

Pin It on Pinterest

Share This