NextCloud, a solución de almacenamento na nube de software libre que naceu como alternativa a ownCloud, vén de anunciar a súa versión 12, que inclúe moitas e importantes novidades.

Aproveitando o lanzamento preséntase a arquitectura Global Scale, que introduce un modelo máis descentralizado e eficiente o que traerá maiores posibilidades de escalado. Esta nova arquitectura foi desenvolta en colaboración con varias universidades europeas.

No apartado de comunicación en tempo real e colaboración inclúense varias melloras no sistema de chat por vídeo, no escritorio compartido ou nas notificacións, así como a posibilidade de procesar documentos de xeito compartido con Collabora Online.

Esta nova versión pon ademais o foco na seguridade, incluíndo entre outras melloras novos sistemas de autenticación, protección contra ataques de forza bruta ou limitacións de solicitudes por IP.

Por último, tamén no apartado visual hai melloras, cunha nova interface web que incorpora novas funcionalidades, así como novas aplicacións que se poden engadir de xeito opcional.

Pin It on Pinterest

Share This