Nextcloud, a suite de almacenamento de ficheiros e aplicacións na nube lanzou a súa versión número 13. Entre as melloras que podes ver na nota da versión, destacamos que o rendemento aumentou considerablemente, a seguridade e que redefiniron algúns aspectos da súa interface de usuario.
Outra das novidades máis destacadas e esperadas foi a incorporación á suite de Nextcloud Talk, un software de chat e videoconferencia P2P con cifrado extremo a extremo desenvolvido por Nextcloud, completando así as funcionalidades de Nextcloud.

Pin It on Pinterest

Share This