O 19 de outubro, en horario de 09:30 a 11:30, terá lugar a charla sobre Nextcloud Enterprise Hub, no GaiásTech en formato presencial e por streaming.

O obxectivo da charla é expoñer aos asistentes a oferta de valor de Nextcloud Enterprise Hub, a versión da plataforma desenvolvida para as empresas.

NCE é a plataforma de colaboración de software libre líder en centro Europa e en forte expansión en España. Grazas á súa gran escalabilidade, os seus diferentes compoñentes integrados, que inclúen edición colaborativa, groupware e videoconferencias, e a unha gran variedade de plugins, NCE satisfai as esixencias de organizacións activas en sectores diferentes, como o educativo, o sanitario, o financeiro, o dos servizos e a administración pública. Extremadamente sinxela para o usuario final, a plataforma pódese instalar nun servidor propio.

Imparte

Pietro Marini, Enxeñeiro de Preventas Senior, Nextcloud GmbH. Tras licenciarse en Física en 2011 na Universidade de Pavía (Italia), Pietro traballou como desenvolvedor e consultor no sector da Business Intelligence e a analítica de datos para empresas de toda Europa. Na actualidade vive coa súa familia en Galicia.

Programa

09:30: Café de benvida
10:00: Charla
– Nextcloud GmbH: quen son?
– Demo da plataforma Nextcloud Hub
– As novidades
– Vantaxes da versión empresarial
– Quenda de preguntas
11:00: Café

Nextcloud

Nextcloud é a compañía alemá que desenvolve, mantén e comercializa en todo o mundo a plataforma do mesmo nome. A empresa iniciouse en xuño de 2016 por Frank Karlitschek e unha ducia de experimentados empresarios e enxeñeiros de software libre para empoderar aos usuarios, para recuperar o control dos seus datos e a comunicación. Conta cunha base global de máis de 500 clientes, desde autónomos e pequenas empresas ata corporacións multinacionais.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This