Nextcloud con cifrado de extremo a extremo

Xoves, 27 Agosto 2020

Nextcloud anunciou que xa teñen listo o cifrado de extremo a extremo, unha función demandada desde fai tempo. A nova característica chega coas novas versións dos clientes de escritorio e móbiles.

O cifrado de extremo a extremo non se aplica ao servidor, nin é posible cifrar arquivos que xa estean subidos: funciona creando un novo cartafol cifrado e todo o que se deposite neste cartafol cifrarase en local. Os arquivos que se cifran no cliente non existisen para as aplicacións de Nextcloud (soamente ve un arquivo cifrado).

As vantaxes do cifrado de extremo a extremo son varias: só o usuario pode acceder á súa información, e mesmo aínda que o servidor fose vulnerado, o único que atoparía o atacante sería arquivos cifrados.

Desde Nextcloud comentan que:
«O cifrado de extremo a extremo non está deseñado para a maioría dos datos…, está destinado a brindar protección adicional para a súa información máis sensible».

Outras melloras das novas versións do cliente de Nextcloud inclúen a integración da interface con Nextcloud Hub e melloras da interface en Android, entre outros.

Máis información na nota oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal