A última versión de Nextcloud, co que poderás ter a túa nube privada con software libre e moitas outras ferramentas, conta cun novo backend opcional de alto rendemento baseado en Rust para os arquivos, que reduce a carga do servidor dos clientes de escritorio e a sondaxe da interface web nun 90%, á vez que ofrece notificacións instantáneas e cambios nos arquivos aos usuarios.

Novidades destacadas:
– Ampla gama de melloras de rendemento, novas funcións de colaboración.
– Nextcloud Talk estrea indicadores de estado das mensaxes, función para levantar a man, descrición da conversación.
– Nextcloud Mail introduce a posibilidade de arrastrar e soltar, cartafoles especiais configurables, unha vista mellorada dos fíos, un manexo actualizado dos arquivos adxuntos.
– Sincronización dos avatares das redes sociais en Contactos, entre outros.
– Nextcloud xa non é compatible con PHP 7.x.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This