NextCloud, plataforma libre que permite crear un almacenamento propio e completo controlado polo usuario na nube, publicou a súa versión 17 con máis seguridade, novas opcións, melloras e correccións.

Novidades destacadas: borrado de arquivos en dispositivos remotos (o administrador pode eliminar datos de todos os dispositivos dun usuario determinado), Nextcloud Text (editor de texto colaborativo simple con soporte de Markdown e control de versións que se integra co chat e coa vídeo chamada), podemos engadir marcas de auga nos documentos, modo de visualización seguro para documentos confidenciais (arquivos PDF e imaxes), autenticación de dous factores (o administrador pode xerar tokens únicos para entradas de emerxencia), complemento para Outlook, soporte para LDAP, integración cos servizos de IBM Spectrum Scale e Collabora Online Global Scale, soporte de versións adicionais para S3, entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This