Netflix libera ferramentas propias como Software Libre

Martes, 27 Setembro 2016
FMI, un estándar aberto con ferramentas abertas. Así, con este mesmo encabezado, comeza a nota de prensa de Netflix que anuncia a liberación como Software Libre dunha serie de ferramentas desenvolvidas pola enxeñería interna de Netflix para traballar con estándar IMF (Interoperable Master Format), un estándar creado pola Society of Motion Picture and Television Engineers.

Este formato empregado por Netflix permítelle manter un único conxunto de bens esenciais e de elementos únicos necesarios para compoñer activos relevantes a nivel local. Por exemplo, para un título como Narcos, onde o vídeo é basicamente o mesmo en tódolos territorios, Netflix pode manter un fondo común para todas as rexións e bloques específicos para áreas específicas como pode ser Xapón o que lle permite a redución dos recursos de audiovisual nun 95%. 


O novidoso do anuncio non está non desenvolvemento das ferramentas que lle permiten manexar o estándar IMF a Netflix. O verdadeiramente novidoso e clarificador, como exemplo que é de como están a cambiar as estratexias de negocio das empresas, é o feito de que as ferramentas (imf-conversion e IMFTool) desenvolvidas por Netflix cos seus propios recursos e tempo adicado foron liberadas con licenza GNU GPLv3 para o disfrute de todo o mundo, inclusive os competidores naturais da propia compañía.

Netflix argumenta a súa decisión en que ten unha historia xa traballada na identificación e solución de problemas comúns dentro da industria e a búsqueda de solucións a través de ferramentas de código aberto polo que a contribución pola súa parte con código propio éra o paso natural a dar. Coa liberación das ferramentas, Netflix tamén espera que se ramifiquen estes esforzos de código aberto e se logre facer aínda máis funcionalidades para a comunidade crecente de usuarios do formato FMI.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal