Mércores, 24 Agosto 2022

NetBSD 9.3

Enlace externo

O Proxecto NetBSD anunciou NetBSD 9.3. Conxunto de correccións importantes por razóns de seguridade ou estabilidade desde o lanzamento de NetBSD 9.2 en maio de 2021, así como algunhas melloras.

logo

Inclúe melloras no soporte de suspensión e continuación, varias adicións menores de novo hardware aos controladores de dispositivos existentes, compatibilidade con sistemas de arquivos UDF creados en Windows 10, soporte mellorado para os novos chipsets Intel Gigabit Ethernet, mellor soporte para os novos chipsets Intel e AMD Zen 3, soporte para configurar conexións a redes Wi-fi usando o instalador sysinst e melloras de rendemento para o hipervisor Xen.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal