Martes, 1 Xuño 2021

NetBSD 9.2

Enlace externo

NetBSD presentou NetBSD 9.2 “Nakatomi Socrates”, segunda actualización de NetBSD 9.

NetBSD é un sistema operativo de tipo UNIX totalmente libre e de software libre desenvolto por unha comunidade internacional.

Ademais das habituais correccións de erros, estabilidade e seguridade, esta versión inclúe: compatibilidade coa exportación de sistemas de ficheiros ZFS a través de NFS, melloras na compatibilidade con ARM de 32 bits e GNU/Linux, compatibilidade co acelerador criptográfico Allwinner H5, correccións no brillo da pantalla de Pinebook Pro e melloras na accesibilidade da configuración do xestor de xanelas por defecto, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal