A empresa Necuno Solutions está a traballar da man de KDE para facer realidade un smartphone baseado en GNU/Linux e open source.

Nas súas propias verbas: O mundo dos smartphones está polarizado en dous sistemas operativos: Android e iOS. A súa pretensión e crear unha terceira opción que contente aos usuarios que gosten das plataformas open source baseadas en GNU/Linux e empregando Plasma de KDE.

Os teléfonos serán fabricados en Finlandia, con unha pantalla de 5.5 polgadas, un Arm Cortex-A9 i.MX6 quadcore como procesador con unha GPU Vivante. As primeiras versións non incorporarán conexión celular.

Pin It on Pinterest

Share This