Nas Pontes celebrarase un Breakout Tecnolóxico da man de Amigus

Luns, 16 Agosto 2021
Nas Pontes celebrarase un Breakout Tecnolóxico da man de Amigus

A Asociación Amigus organiza un Breakout Tecnolóxico no Lar de Endesa nas Pontes de García Rodriguez os días 26 e 27 de agosto.

O Breakout é un evento na que se formulan unha serie de retos consecutivos aos participantes, estes teñen que ir resolvéndoos para ir conseguindo pistas para as seguintes probas ate chegar a obter o resultado final. A temática deste breakout é a tecnoloxía, polo que as probas serán resoltas mediante videoxogos, deseño en 3D, robótica ou realidade aumentada.

Ao comezo do evento haberá unha serie de formacións sobre as tecnoloxías que se empregarán nas probas, deste xeito todas as persoas participantes poderán adquirir os coñecementos necesarios para poder resolver as mesmas.

No Breakout Tecnolóxico poderán participar calquera persoa a partir dos 8 anos, sendo unha actividade conxunta, na que participan os pais e nais coas fillas e fillos. Os equipos estarán formados por un máximo de 3 persoas.

A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro.

O evento é de balde e as inscricións poderán realizarse a través do formulario da páxina web da asociación.

Máis información sobre o evento e inscrición nesta ligazón.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal