KDE Express é o novo podcast da Asociación KDE España anunciado recentemente na súa web.

Este Podcast únese así a outros proxectos no ámbito da promoción do software libre da comunidade KDE en español como poden ser o Podcast de KDE España (en formato vídeo e que conta xa con 7 temporadas) ou o veterano KDE BLog onde todos os días hai artigos novos falando do mundo do software libre en xeral e da comunidade KDE en particular.

KDE Express trátase dun programa de podcast de formato breve, de duración entre 15 e 30 minutos, a diferencia do podcast en formato vídeo o cal ten una extensión moito maior afondando bastante máis en algúns temas. Mediante o novo programa, a comunidade pretende informar sobre as últimas novas relacionadas coa comunidade de software libre KDE dun xeito máis lixeiro.

Logo Podcast KDE

O novo proxecto sonoro conta tamén con unha páxina web onde se poden atopar todos os seus programas coas notas e ligazóns aos temas tratados en cada un deles, o feed do podcast para usalo no cliente de podcasting que se queira e tamén ligazóns de contacto e de redes sociais.

A parte da web oficial do proxecto, o podcast tamén se pode atopar en diversas plataformas como Apple podcast, Funkwhale, iVoox, Spotify ou Telegram.

Pin It on Pinterest

Share This