A Rust Foundation nace co apoio de grandes compañías como son AWS, Huawei, Microsoft, Google e Mozilla, que comprometeron un investimento en apoio aos desenvolvedores da linguaxe Rust por dous anos de máis de 1 millón de dólares por ano.

A linguaxe de progamación Rust é unha das linguaxes máis queridas pola comunidade de programadores de Stack Overflow. O desenvolvemento comezou por un traballador de Mozilla e foi apoiada economicamente case por completo por ela. Agora a empresa desenvolvedora de Firefox xa comezou a ceder o control sobre todos os recursos da linguaxe á fundación que rexerá o destino da mesma a partir de agora.

Máis información na nova da páxina da fundación.

Pin It on Pinterest

Share This