MyGNUHealth 1.0, Historia Clínica Persoal Libre

Mércores, 30 Xuño 2021
MyGNUHealth 1.0, Historia Clínica Persoal Libre

Dispoñible a primeira versión estable da aplicación de software libre MyGNUHealth (MyGH), que administra e xestiona de maneira respectuosa co usuario os seus datos médicos e de saúde.

Con ela podemos levar un rexistro de saúde e actividade, un rexistro completo da nosa saúde. Rexistra diferentes datos como o peso, a presión arterial, o nivel de azucre en sangue ou a saturación de osíxeno.

MyGNUHealth

Hai anos que se lle ocorreu a idea ao Dr. Luis Falcón de expandir o ecosistema de GNU Health, non só aos profesionais e institucións da saúde, senón facelo persoal, accesible aos individuos.

MyGNUHealth (MyGH) é unha aplicación de rexistro persoal de saúde centrada na privacidade, que pode utilizarse en computadores de sobremesa e dispositivos móbiles.

MyGH ten a funcionalidade dun rastreador de saúde e actividade, e a dun diario/rexistro de saúde. Fai un seguimento do estilo de vida, a nutrición, a actividade física e o soño, con numerosos gráficos para visualizar as tendencias.

MyGNUHealth é tamén un diario, que rexistra toda a información relevante do ámbito médico e social e o seu contexto. No ámbito médico, podes rexistrar os teus encontros, hospitalizacións, probas de laboratorio, historial xenético e familiar, entre outros.

Unha característica moi importante de MyGH é GNU Health Federation. É dicir, se queres compartir calquera destes datos co teu profesional da saúde en tempo real, e eles poderán estudalo.

Según comenta o Dr. Luis Falcón:
“Só podemos xestionar datos sanitarios sensibles con tecnoloxía que respecte a nosa privacidade. É dicir, non podemos poñer a nosa información persoal en mans de intereses corporativos. Elixir Software e Hardware Libre significa moito máis que tecnoloxía… Os gobernos, as institucións e os profesionais da saúde necesitan unha tecnoloxía alcanzable que respecte a liberdade dos seus cidadáns.”

MyGNUHealth incluirase por defecto en moitos sistemas operativos e distribucións GNU/Linux, e tamén podemos usalo no PinePhone.

Acerca de GNUHealth:
MyGNUHealth é parte de GNU Health, o ecosistema de saúde dixital libre. GNU Health é de GNU Solidario, unha organización humanitaria sen ánimo de lucro centrada no avance da Medicina Social. GNU Solidario desenvolve aplicacións de saúde e utiliza exclusivamente software Libre. GNU Health é un proxecto oficial de GNU.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal