MUSE Group adquire Audacity

Luns, 10 Maio 2021
MUSE Group adquire Audacity

Audacity (editor de software libre de son, multiplataforma), foi adquirido por Muse Group (empresa que tamén conta con MuseScore, un editor de partituras de software libre e multiplataforma, entre outros programas).

Martin Keary (coñecido como Tantacrul) publicou un vídeo en Youtube co seguinte anuncio:
“Audacity acaba de unirse a Muse Group, un conxunto de marcas que inclúe outra popular aplicación musical de software libre chamada MuseScore, da que me encargo actualmente. E como as cousas van bastante ben en MuseScore, pedíronme que me fixese cargo tamén de Audacity en colaboración coa súa comunidade de código aberto. E do mesmo xeito que estamos a facer en MuseScore, agora estamos a planear mellorar significativamente o conxunto de características e a facilidade de uso de Audacity, proporcionando deseñadores e desenvolvedores dedicados a darlle a atención que se merece, á vez que se mantén libre e de código aberto.”

Vídeo de Martin Keary

Polémica pola telemetría

Unha das primeiras novidades introducidas en Audacity foi a telemetría na aplicación que enviará datos a Google Analytics e Yandex Metrica:
– A Google Analytics, os tempos de inicio e fin de sesión, erros, que opcións e recursos utilízanse ou que formatos de arquivo impórtanse e exportan, incluíndo un código de identificación único por cada instalación.
– A Yandex Metrica, métricas para «poder estimar correctamente os usuarios activos diarios».

Esta nova non gustou nada dentro comunidade de Audacity, polo que o desenvolvedor tivo que ampliar a información respecto á telemetría pola polémica suscitada:
“A telemetría é estritamente opcional e está deshabilitada de forma predeterminada. Non se comparten datos a menos que se elixa. A telemetría só funciona nas compilacións realizadas por GitHub CI desde o repositorio oficial. Se se está compilando Audacity desde o código fonte, proporcionarase unha opción para habilitar o código de telemetría. Esta opción estará desactivada de forma predeterminada.”

Información completa sobre a telemetría:
https://github.com/audacity/audacity/pull/835

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal