Moodle 4.0, plataforma libre para cursos virtuais

Martes, 26 Abril 2022
Moodle 4.0, plataforma libre para cursos virtuais

Dispoñible Moodle 4.0, xestor libre de cursos virtuais (Learning Content Management) que segue mellorando e que chega con moitas novidades. O seu uso está estendido en miles de centros, facilitando a educación en liña.

Moodle permite compartir recursos e materiais, facer webconferencias integradas, levar control das tarefas e puntuacións do alumnado e gamificación dos cursos.

Os desenvolvedores contan que Moodle 4.0 chega con:
“unha nova interface contemporánea, unha navegación intuitiva con pestanas e unha experiencia de curso redefinida que facilita aos educadores ou capacitadores crear e editar cursos e aos alumnos reducir as distraccións e priorizar o traballo do curso.”

Vídeo contando as novas características

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal