Dispoñible Blender 2.90, nova versión da suite de creación de animacións e gráficos 3D, multiplataforma e software libre.

Blender 2.90 mellora a experiencia do usuario, introduce melloras en moitos apartados como na escultura, realidade virtual, animación, modelado e edición UV, entre outras.

Novidades máis destacadas

– Mellora do rendemento ao usar Embre, para o seguimento de raios nas CPU.
– Intel Open Image Denoise agora úsase en máis apartados.
– A compatibilidade con NVIDIA OptiX agora está dispoñible en todas as GPU NVIDIA.
– Soporte de NVIDIA NVLink para CUDA e OptiX.
– Novas simulación de teas.
– Automasking redeseñado.
– Mellora do soporte de OpenVDB (para facilitar o cálculo de efectos volumétricos en aplicacións CGI).

– Reescritura de cero do motor de desenfoque de movemento en EEVEE.
– Novo simulador de ceos chamado Nishita.
– Numerosas melloras de usabilidade
– Soamente para GNU/Linux, principio de soporte de Wayland.

Podedes ver máis novidades no vídeo oficial de presentación das novas funcionalidades de Blender 2.90:

Máis información na nota oficial de lanzamento

Pin It on Pinterest

Share This