Nesta mesma web de mancomun, puidemos ler, hai varias semanas, que existen solucións para dispositivos móbiles baseados en [[GNU/Linux]] e que son unha aposta seria de futuro polas grandes compañías de telecomunicacións.
Mobilinux é outro proxecto con este mesmo perfil e a compañía que está desenvolvendo este proxecto MontaVista Software, ten a ambición clara de facer desta distribución a máis competente de todas as existentes dentro do mercado baseado en GNU/Linux para dispositivos móbiles.

Para conseguir esta meta, a compañía comenta que esta distribución ten como prioridades:
  • Facer un dispositivo baseado en tecnoloxías abertas e estándares.
  • Crear unha plataforma estable e escalable.
  • Maximizar o rendemento da batería dos dispositivos.

Máis información deste proxecto e fonte da nova: linuxelectrons.com

 

Pin It on Pinterest

Share This