Mobian é un proxecto de código aberto destinado a levar Debian GNU/Linux aos dispositivos móbiles. Súmase así a outros proxectos como os de PINE64, Volla Phone, UBPorts e postmarketOS, entre outros, que queren levar GNU/Linux aos smartphones.

Mobian

Mobian intenta integrar Debian e Phone Shell (Phosh) nun paquete que funcione en varios móbiles, (de momento funciona soamente no Pinephone).

Táboa de compatibilidade de Mobian no Pinephone:

A interface gráfica, Phosh está desenvolvida por Purism para adaptar as tecnoloxías de GNOME aos dispositivos móbiles. Funciona con Wayland empregando un compositor propio chamado Phoc.

Aplicacións

Mobian pode executar: Chromium, Firefox ESR, GNOME Web, Telegram Desktop, Google Maps e MPV para reproducir vídeo con aceleración por hardware.

De momento, Pinephone e Mobian non son proxectos pensados para ser usados por usuarios “normais”. Están orientados para xente que lle gusta GNU/Linux e quere enredar coas novas tecnoloxías e desenvolvementos que van aparecendo.

Máis información na wiki do proxecto

Pin It on Pinterest

Share This