Fai uns días, os dous desenvolvedores das distribucións baseadas en Debian (MiniNo e PicarOS), comunicaron o cese do desenvolvemento das distros e considéranas oficialmente mortas.

Este foi o comunicado:
“Declaramos a MiniNo e a PicarOS oficialmente mortas, tras moitos anos levando adiante estes proxectos entre só dúas persoas, as nosas complicacións persoais e, recentemente, as complicacións de systemd e de wayland, tropezan coas nosas limitacións e resúltanos imposíbel manter máis o nivel requirido.
Grazas a todos os que nos tedes animado e quedamos a disposición de quen teña interese en darlle continuidade, para elo poderiamos facer una quedada virtual e darvos a coñecer os miolos do noso traballo.”

Pin It on Pinterest

Share This