O municipio de Eyüpsultan en Turquía obtivo flexibilidade, aforro de custos, rendemento e independencia ao facer a transición de toda a súa forza laboral a GNU/Linux e outros programas de software libre.

Imaxe de: Thomas Hawk en Flickr. CC BY-NC 2.0. Modificado por Opensource.com

En 2015, a Municipalidade de Eyüpsultan en Istambul, Turquía, comezou unha audaz migración cara á adopción de software libre. Isto implicou varios cambios importantes: GNU/Linux no escritorio e grandes cambios na infraestrutura de TI, incluíndo unha transición ao servidor de correo electrónico Zimbra e á base de datos PostgreSQL.

O software libre ofrece unha importante oportunidade para que o país teña unha infraestrutura de información independente e segura. Existen incertezas sobre os termos e custos futuros do uso de software con licenza que conecta aos usuarios cun ecosistema de marca particular. Canto máis conectados a estas tecnoloxías se estea, máis difícil será cambiar a produtos alternativos. A natureza comercial das empresas clave, por non falar das políticas de prezos e licenzas, expón riscos significativos.

Desde o municipio comentan:
“Como Municipio de Eyüpsultan, propuxémonos reducir os custos dos servizos, así como as dependencias da tecnoloxía externa mediante o uso de software libre, incluíndo o sistema operativo Pardus GNU/Linux. Pardus foi desenvolto polo goberno turco como unha distribución GNU/Linux de escritorio enfocada a usuarios en contornas de oficina. Queriamos unha solución que nos dese un desenvolvemento independente e maior sustentabilidade, flexibilidade e aforro fiscal. Neste sentido, consideramos que o noso proxecto de migración é unha responsabilidade social. Estamos a tratar de crear conciencia deste obxectivo sendo pioneiros no uso de Pardus nas institucións públicas en toda Turquía.”

Educando aos usuarios

Comenzaron a migración a software libre en 2015 capacitando a todos os usuarios en LibreOffice en GNU/Linux, xa que a produtividade da oficina constituía a maior parte do software que utilizan a diario.

Despois dos adestramentos, os administradores instalaron o software LibreOffice para substituír o software con licenza de Microsoft Office en todos os ordenadores clientes. Esta decisión de adestrar aos usuarios antes de instalar o software minimizou os problemas que experimentaban ao migrar dun software familiar (incluíndo o sistema operativo).

En 2016, repetiron o adestramento en GNU/Linux e LibreOffice. Unha vez que os usuarios pasaron un exame ao final do adestramento, instalaron GNU/Linux nas súas computadoras. Proporcionaron reeducación a aqueles que non aprobaron o exame e logo instalamos GNU/Linux cando o lograron. A partir dese momento, comezou a migración do sistema operativo.

Prover adestramento durante a migración foi unha das estratexias crave, comentan:
“Non nos detivemos despois de impartir o adestramento; revisamos cos nosos usuarios para verificar que o adestramento producise os resultados esperados. Levounos un ano descubrir todas as cousas coas que a xente loitaba despois de cambiar de Office a LibreOffice, pero acollemos de bo grado estes problemas e axudamos a resolvelos sempre que xurdiron.”

Pasos da migración

– Análise
– Planificación
– Creación da ISO
– Proba
– Piloto
– Produción

Non só se fixo análise técnica na primeira etapa; fixéronse análise psicolóxicos ao mesmo tempo:
Falando coa xente, tentamos pescudar os seus puntos de ansiedade. Aprendemos que había un medo común a un encontro co descoñecido. Determinamos que se non podiamos acougar este medo, a resistencia ao cambio elevaríase, mesmo co apoio da dirección detrás de nós.”

“Despois de darnos conta disto, comezamos a discutir como poderiamos superar esta situación, e decidimos poñer unha interface familiar fronte aos usuarios. Durante a nosa investigación, atopamos un tema de estilo Windows e convertémolo no noso xestor de xanelas predeterminado de GNU/Linux. A reacción que obtivemos o primeiro día de adestramento foi incrible, e aínda sorrío cando penso niso. Só un pouco de familiaridade axudou moito á xente.”

Máis información na noticia de opensource.com

Pin It on Pinterest

Share This