Nova versión estable de GIMP 2.10.20.

Chega con melloras no traballo con ficheiros PSD (poden exportarse imaxes utilizando 16 bits por canle), engadiuse opción de mostrar o menú do grupo de ferramentas cando o rato pasa sobre o botón, novo tipo de comportamento da ferramenta cortar (non destrutivo por defecto), o filtro de viñeta agora ten controis no lenzo, novas opcións de fusión nos filtros GEGL, nova API de metadatos e outras melloras.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Pin It on Pinterest

Share This