A Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide, coñecida como MeLiSA, organiza para este xoves día 12 unha presentación de Software Libre para uso Científico.
O evento terá lugar na Facultade de Matemáticas da USC e ten como obxectivo dar a coñecer e difundir software libre con aplicacións científicas. A xornada comezará ás 9:15 e rematará ás 11:30, tendo como poñencias principais “Presentación de MeLiSa. Licenzas libres” por Rafael Rodríguez Gayoso, “Software matemático e estatístico” por María José Ginzo Villamayor e “Presentación de Epilinux 5.0” por Miguel Ángel Rodríguez Muíños.

Un dos proxectos que se van a presentar é EpiLinux, o cal é unha distribución de GNU/Linux que ten un compendio de aplicacións científicas centradas nos campos da epidemioloxía, a bioestatística e os estudos de saúde en xeral, a maiores de software máis xenérico no campo científico como pode ser R, Octave, QGIS…

O acceso é libre e a inscrición é de balde, que se pode realizar na páxina do evento, onde tamén hai máis información sobre este.

Pin It on Pinterest

Share This