O próximo xoves 9 de xaneiro, en horario de 19:00 ata 21:00, terá lugar o meetup organizado por CoruñaJUG – Montando un “framework” sobre Spring, na aula 9 do Centro Ágora (Av. Gramela, 17 – A Coruña).


Spring Boot

Nesta ocasión Rubén Pahiño (Senior Software Engineer en Travix, que traballa con Java/Spring) falará sobre Spring Boot, a programación reactiva e boas prácticas en xeral.

Aínda que as características fundamentais de Spring Framework poden ser usadas en calquera aplicación desenvolvida en Java, existen varias extensións para a construción de aplicacións web sobre a plataforma Java EE. A pesar de que non impón ningún modelo de programación en particular, este framework volveuse popular na comunidade ao ser considerado unha alternativa, substituto, e mesmo un complemento ao modelo EJB (Enterprise JavaBean).

Rubén está a cargo do framework e da adopción de Webflux por parte dos equipos Java en Travix.

Temario

– Nesta charla, Rubén explicará:
“os requisitos que nos levaron a crear o noso propio framework sobre Spring Boot, problemas que isto nos carrexou e como reescribimos o framework para que sexa transparente para os desenvolvedores. Nesta charla veremos como utilizar mecanismos de Spring como filtros, BeanPostProcessor… para engadir de forma xenérica todo o que os nosos servizos necesitan para ser production-ready (logging, métricas, erro-handling…).”

– Pequena demo, creando un proxecto SpringBoot desde cero con Spring Initializr.
Ao rematar, iremos tomar uns refrescos patrocinados por Corunet no bar do lado para charlar un rato e relaxarnos un pouco e coñecernos.

CoruñaJUG

Coruña JVM User Group (ou CoruñaJUG) é unha comunidade técnica nacida en Coruña co propósito de xuntar a profesionais e aficionados dispostos a compartir experiencias, aprender e divertirse cas linguaxes que se executan na JVM (Java, Groovy, Scala, Kotlin, etc.).
Principalmente as reunións e eventos van dirixidas a programadores, pero non se descartan outro tipo de temáticas, por exemplo de sistemas ou incluso de xestión de proxectos.

Máis información na web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This