Máster de Software Libre de Caixanova en colaboración coa Universidad Rey Juan Carlos e Igalia

Caixanova organiza un Máster de Software Libre en colaboración co GSyC/LibreSoft da Universidad Rey Juan Carlos e a empresa galega Igalia. O obxectivo é capacitar aos alumnos para traballar en empresas do sector TIC e liderar proxectos de liberación, desenvolvemento e publicación de Software Libre. O máster durará un curso académico e desenvolverase de luns a xoves na Coruña. O prazo ordinario de matrícula remata o día 6 de xullo e o extraordinario o 28 de xullo. 

Está dirixido a titulados en enxeñería informática, de telecomunicacións ou industrial e outras titulacións superiores que queiran complementar a súa formación co obxectivo de dirixir, analizar e participar en proxectos de Software Libre de ámbito internacional.

O temario do curso contempla aspectos tanto técnicos como empresariais do Software Libre. O prezo da matrícula é de 5.900 euros. 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal