Maratón Linuxero volve cunha edición especial sobre o “Festival Latinoamerciano de Instalación de Software Libre” (FLISoL), con invitados e organizadores de varios países, o día 20 de abril a partir das 23.00 horas.

O Maratón Linuxero é un proxecto creado por podcasters e oíntes de GNU/Linux que queren realizar un evento en directo a través de aplicacións e servizos de software libre.

Nesta edición 2019 do FLISoL, A Coruña contará tamén con este festival no que terán lugar diferentes charlas e obradoiros (inda quedan prazas libres).

Podes seguir o directo (en formato libre ogg ou en mp3) a través das ligazóns que atoparás na web oficial de Maratón Linuxero.

Pin It on Pinterest

Share This