Organizado pola asociación @aberteo terá lugar polo Concello de Teo, o 14 de marzo e o 4 de abril, a actividade Mapathon por Teo”, actividade onde aprender a cartografar con OpenStreetMap e sacar partido aos datos xeográficos.

Aproveitando a ocasión, tamén se dará a coñecer e traballarase no Proxecto Europeo da Auga (do que xa falamos en Mancomún e que combina a subida de datos a OpenStreetMap e a subida de imaxes a Wikimedia Commons). Este proxecto está pensado para contribuír á redución dos refugallos plásticos e promover o consumo da auga da billa en lugar da auga embotellada.

Mapathon por Teo

O mapathon dividirase en dúas xornadas:

Xornada I – 14 de marzo

Xornada previa de preparación, onde faremos un estudio dos datos de interese para cartografar e analizaremos a información que temos da zona proposta (creación de ortofotos e recursos para cartografar, búsqueda de outras fontes de información).

As ortofotos son imaxes aéreas (tomadas neste caso desde un dron) para crear unha proxección ortogonal.

Recursos:
http://fieldpapers.org/

Xornada II – 4 de abril

Mapathon na zona escollida e volcado da información a OSM. Extracción e filtrado dos datos.

Recursos:
https://play.google.com/store/apps/details?id=net.osmand
https://play.google.com/store/apps/details?id=net.osmtracker
https://f-droid.org/en/packages/net.osmtracker/
https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Map_Features
https://overpass-turbo.eu/
https://qgis.org/en/site/
https://plugins.qgis.org/plugins/QuickOSM/

Inscrición

As actividades son libres e gratuítas pero é necesario inscribirse previamente nas xornadas a través dos formularios que atoparedes nestas webs:
https://www.aberteo.gal/2020-03-14-mapathon-teo-xornada-1
https://www.aberteo.gal/2020-04-04-mapathon-teo-xornada-2

Máis información:
http://aberteo.gal/

Pin It on Pinterest

Share This