Manjaro con interface Plasma, por defecto para PinePhone

Mércores, 24 Febreiro 2021
Manjaro con interface Plasma, por defecto para PinePhone

PINE64 remata o testeo dos diferentes sistemas operativos libres GNU/Linux para o seu smartphone e escolle Manjaro ARM con Plasma Mobile. As edicións comunitarias que pasaron polo PinePhone foron Ubuntu Touch, postmarketOS e Mobian.

Anuncio que fixo Pine64 ao respecto:
«… A promesa que Plasma Mobile mantivo nas súas primeiras etapas foi o factor decisivo para que procedésemos a crear un teléfono intelixente Linux en primeiro lugar… Manjaro é o noso socio principal… O seu traballo en PinePhone foi indispensable e as imaxes do seu sistema operativo actual atópanse entre as mellores e máis completas para a plataforma. Traballar con ambos proxectos no PinePhone foi un pracer e estou convencido de que xuntos alcanzaremos novas alturas nos próximos meses.»

De calquera forma, seguiremos sendo libres de instalar no noso PinePhone o sistema operativo da nosa elección.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal