Manjaro 21.3 “Ruah”, última versión desta distribución derivada de Arch Linux, orientada a usuarios finais.

Novidades: Calamares 3.2 como instalador do sistema, o módulo dos usuarios ten listas de nomes de inicio de sesión e de hosts prohibidos co fin de evitar que poidan romper o sistema.

Na versión con KDE Plasma destaca a personalización da distribución e dispor de características de última xeración. A edición con GNOME mellora o desempeño e introduce libadwaita cun tema escuro que é empregado por defecto en Manjaro 21.3. A edición con Xfce destaca polas melloras na composición e o soporte de GLX e soporte de escalado fraccional para pantallas HiDPI.

Manjaro 21.3 conta co kernel Linux 5.15 LTS, Mesa 22.1 e Pacman 6.0.1 e Pamac 10.4.1 para a xestión dos paquetes e as aplicacións.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This