O pasado venres 21 de outubro, tivo lugar no GaiásTech da Cidade da Cultura o acto de resolución da XV edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre.
Os catro finalistas que alcanzaron a fase final da presente edición foron os seguintes:
– Alejandro Iregui Valcarcel co proxecto eHand: arquitectura de control para prótesis mio-eléctricas.
– Pedro Guijas Bravo co proxecto Desenvolvemento dunha biblioteca para a aprendizaxe federada baixo unha arquitectura peer-to-peer.
– Pablo Mariño Boga co proxecto Desenvolvemento dun dispositivo para a monitorización de marcadores de calidade ambiental.
– E Eliseo Bao Souto co Ranking de usuarias de Reddit aplicando un modelo de relevancia para trastornos depresivos.
Hoxe contamos nos micros de Mancomún con Pablo Mariño Boga, que acadou o primeiro premio.
Pablo Mariño, gañador do primeiro premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre 2022
Enlaces mencionados no programa
Pablo Mariño e Pedro Guijas, gañadores dos premios ao mellor proxecto universitario con licenza libre:
https://www.mancomun.gal/noticias/pablo-marino-e-pedro-guijas-ganadores-dos-premios-ao-mellor-proxecto-universitario-con-licenza-libre/
Pablo Mariño
https://www.linkedin.com/in/pablomarinoboga/
Desenvolvemento dun dispositivo para a monitorización de marcadores de calidade ambiental
https://gitlab.com/environment-logger
As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)