Xoves, 25 Agosto 2022 | Iván Prieto

Mancomún Podcast: Odoo nas empresas, con Iván Prieto

Episodio 88

Odoo é un software de xestión empresarial, modular e de software libre, que nace co obxectivo de cubrir necesidades complexas dunha empresa. Destaca por ser intuitivo, poñendo ao alcance do usuario todas as funcións necesarias para a súa empresa.

Hoxe falamos con Iván Prieto, executivo con 20 anos de experiencia dirixindo equipos comerciais, administrativos e IT en diferentes sectores, un apaixonado pola innovación e as tecnoloxías. Iván é CEO e Socio fundador de Libreinnova, empresa que aposta pola Dixitalización do teu negocio grazas a Odoo.

Odoo nas empresas, con Iván Prieto

Enlaces mencionados no programa

Iván Prieto https://www.linkedin.com/in/ivanprietocaceres/ Odoo https://www.odoo.com/es_ES Libreinnova https://libreinnova.com/

As músicas usadas neste programa foron

Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License http://freemusicarchive.org/music/Timecrawler_82/Osaka_Lights/Street_Dancing Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal