Aproveitando que están volvendo os eventos presenciais, asistimos en Vigo, á edición 2022 da esLibre.
esLibre é un encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías libres, centrada en compartir coñecemento e experiencia ao seu redor. Nesta ocasión, as comunidades GALPon e AGASOL fixeron posible que nos reuníramos nos espazos MARCO (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo) e no MUTA (Espazo Mutante para Eventos en Vigo), onde se celebraron estas xornadas de coñecemento libre.
Tiveron lugar moitas charlas, obradoiros e salas comunitarias, en 4 tracks simultáneos. Contouse co apoio de diversas asociacións como Interferencias e LibreLabGRX, e outras organizacións como a OfiLibre de la Universidade Rey Juan Carlos, Wikimedia España e a Asociación Melisa. Tiveron como patrocinadores á Xunta de Galicia e á empresa Librebit.
Participaron nesta edición un gran número de mulleres cos seus relatorios e obradoiros, así que aproveitamos para facer entrevistas a moitas delas nesta reportaxe que podedes escoitar a continuación. Esperamos que vos guste.
Reportaxe da esLibre Edición 2022
Enlaces mencionados no programa
esLibre
https://eslib.re/2022/
As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/