Hoxe falamos con Baltasar Ortega Bort, Licenciado en Físicas que traballa como profesor de Secundaria. Baltasar, ou Baltolkien como é coñecido na rede, é usuario de KDE e de software libre desde fai tempo.
Tanto lle gusta KDE, que é o editor de KDE Blogue, un blogue que recomendamos encarecidamente desde Mancomún, para estar ao día de todo o relacionado con KDE, a súa comunidade, en idioma español.

Colabora tamén en KDE Podcast España, un videopodcast onde nos traen interesantes entrevistas e noticias relacionadas co mundo KDE. Compaxina todo isto sendo membro activo das asociacións KDE España e de GNU/Linux València. Pero trouxémolo principalmente porque coñece ben e usa nas súas clases Gcompris, unha suite de xogos educativos que queremos dala a coñecer á nosa audiencia.
Gcompris, suite de xogos educativos, con Baltolkien

